Orkhon
Orkhon
Río de Mongolia, afluente pola dereita do Selenge (1.124 km). É navegable nos últimos 300 km. No seu val atopáronse en 1889 unha serie de inscricións que describen as xestas de soberanos turcos dos ss VII-VIII e que constitúen o testemuño máis antigo da lingua turca. Foron descifradas en 1893 por W. Thomsen.