Oro Claro, Xurxo
Artista plástico. Artista á marxe de tendencias e modas, desde a pintura á escultura experimenta con materiais que se poden considerar extraartísticos. Nos seus comezos elaborou unha pintura matérica en que a colaxe obxectual conviviu con signos e símbolos crípticos. Sen abandonar a pintura comezou a afondar na escultura, con propostas moi heteroxéneas, que van desde Caixas de principios dos noventa ata as series Pegadas e Pernas. Posteriormente, introduciu elementos anatómicos revestidos de aceiro inoxidable. Os seus traballos conteñen unha carga poética, estética e de violencia que representa o caos do ser humano. A súa obra estivo presente nas feiras de ARCO, Turín, Milán, Guadalajara (México) e Colonia. Ten obra nas coleccións, entre outras, do CGAC, Caixanova, Caixa Galicia, Unión Fenosa e no Museo de Vila Nova da Cerveira.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Baíña, Agolada