Or’ol Orel

Or’ol Orel

Capital da oblast’ homónima, Rusia, situada xunto ao río Oka (347.800 h [1997]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas, nos aparellos de precisión, na industria lixeira e na alimentaria. Fundada cara a 1564, gozou dunha gran prosperidade con Pedro I de Rusia o Grande.