Orosio, Paulo

Orosio, Paulo

Historiador e teólogo. Segundo a tradición fuxiu da invasión dos suevos en Galicia, e en 414 chegou a Hipona, onde tivo relación con santo Agostiño, e escribiu Commonitorium ad Augustinum de errore Priscillianistarum et Origenistarum. En Xerusalén polemizou contra Pelaxio. Escribiu despois o Liber apologeticus contra Pelagianos. Nunha derradeira estadía en Hipona (416-417), santo Agostiño animouno a escribir unha historia universal contra os pagáns, a primeira escrita por un cristián, Historiarum adversus paganos libri septem, en que expuxo a situación catastrófica en que se atopaba a humanidade antes da chegada de Xesús Cristo e que supuxo un documento básico para o estudo da presenza sueva en Galicia e a descrición xeográfica.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Braga