Ortigosa

Ortigosa
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe galega que se estendeu por toda a Península Ibérica.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha matogueira de ortigas, de sinople, sobre unha rocha que sae do mar, e sobre a mata unha cruz chá, de prata, bordura de azul con cinco flores de lis, de ouro. Outra variante leva, en escudo partido: no primeiro, en campo de goles, unha torre, de prata, e unha escaleira achegada a ela; no segundo, en campo de ouro, un león rampante ao natural, cunha espada espida na man, e, en punta, dúas cabezas de mouro. Outra leva, en campo de goles, unha torre, de ouro, e á súa dereita, tres guerreiros de prata.