ortoxénese
ortoxénese
(
s
f
[BIOL]
Tendencia evolutiva das liñas filéticas a seguir camiños fixos e determinados sen intervención da adaptación. Para uns é unha tendencia xeral de todo o proceso de evolución; para outros describe algúns casos de evolución nun sentido moi determinado; outros din que a evolución está predeterminada por un principio vital (vitalismo) e outros ven a acción do medio (lamarckismo). Por outro lado tamén se utiliza o termo ortoxénese en sentido darwinista, e moitos autores úsano para designar procesos de crecemento alométrico que conducen a hipertelias non adaptativas.