Orwell, George
Orwell, George
Escritor. De nome Eric Arthur Blair, estivo en desacordo coa política colonial británica, polo que dimitiu do seu cargo de funcionario policial en Burma (1922-1927) e dedicouse á literatura e ao xornalismo. Nas obras autobiográficas Down and Out in Paris and London (1933) e Burmese Days (1934) xa mostraba unha actitude de esquerdas e reaccionaria. En 1936 participou na Guerra Civil Española no lado do POUM, experiencia que recolleu no libro Homage to Catolonia (1938). A súa obra máis destacada é a alegoría política Animal Farm (1945), e do resto da súa produción cómpre salientar The Road to Wigan Pier (1937), Inside the Whale (1940), The Lion and the Unicorn (1941) e Nineteen Eighty-four (1949), unha visión futurista do totalitarismo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Motihari, Bengala -
Deceso
Lugar : Londres