orzamento

orzamento

(

  1. [ECON]
    1. s m

      Cómputo anticipado do que custará unha obra ou un servizo que se vai facer.

    2. s m

      Cómputo anticipado dos gastos e dos ingresos dunha unidade económica ou entidade por un período de tempo determinado. Na planificación económica interna da empresa distínguense tres niveis: os orzamentos estratéxicos ou a longo prazo, os orzamentos operativos, a curto e medio prazo, e os orzamentos organizativos.

    3. orzamento de base cero

      Método de planificación orzamentaria dunha entidade polo que se reconsidera toda a súa actividade, xeral e por áreas, co suposto de que, para recibir asignacións orzamentarias, cumprirá xustificalas debidamente. Este método implica unha racionalización económica anual, dentro dunha perspectiva plurianual.

  2. s m [ECON]

    Cantidade de cartos que se destina para unha finalidade concreta.

  3. orzamento público [ECON]

    Documento que recolle, con máis ou menos detalle, os ingresos e os gastos que terá unha entidade pública durante un período determinado, que xeralmente é anual ou bianual. Cando a diferenza entre os ingresos e os gastos é positiva, presenta superávit, mentres que se, pola contra, os gastos son superiores aos ingresos, a situación é de déficit orzamentario.