Orzán

Orzán
[PUBLIC]

Revista publicada en Bos Aires a partir de 1948. Editada polo Centro Coruñés desa cidade e dirixida por Bieito Cupeiro, nos seus inicios contou coa colaboración de Suárez Picallo, Avelino Díaz, Castelao ou Alonso Ríos. Incluíu artigos e informacións do centro, traballos e colaboracións sobre Galicia e a súa historia, así como poesías, relatos e opinión.