Orzán, El

Orzán, El

Semanario publicado na Coruña a partir do 25 de novembro de 1983. Cesou a finais de decembro de 1986. Baixo o subtítulo “Semanario coruñés independiente”, estivo dirixido por Carlos Luís Rodríguez e, desde xuño de 1984, por José L. Centeno. De carácter propagandístico e cun marcado carácter antigaleguista, foi un medio de promoción do alcalde socialista coruñés, Francisco Vázquez. Contou coas colaboracións de Xavier Alcalá, Luís Iglesias ou Martínez Barbeito.