Osasco
Osasco
Cidade do estado de São Paulo, Brasil (650.993 h [2000]). Situada á beira do río Tieté, forma parte da área metropolitana da cidade de São Paulo. As principais actividades son a produción de fibras téxtiles artificiais e a industria de preparación e envasamento de conservas cárnicas.