Oscar, santo

Oscar, santo

Relixioso. Evanxelizador de Suecia e Dinamarca, considérase o grande apóstolo do cristianismo entre os escandinavos. Trasladouse a Alemaña e o Rei Harold de Dinamarca, que se convertera ao cristianismo, levouno coa idea de evanxelizar o seu pobo. Tivo pouco éxito e foi evanxelizar Suecia. Posteriormente foi bispo de Hamburgo e, tras o saqueo desta cidade polos viquingos, o Papa Nicolao I nomeouno arcebispo de Hamburgo e Bremen, e delegado para Dinamarca, Noruega e Suecia. A súa festividade celébrase o 3 de febreiro.