osco -ca

osco -ca

(< lat Oscu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo osco ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo osco.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo que habitaba en Campania cara á segunda metade do s V a C. Entraron en contacto con Roma en 341 a C e mantivéronse fieis a ela ao obter algunhas das súas cidades a cidadanía romana. A finais do s II a C, a súa importancia política decaeu considerablemente.

  4. s m [LING]

    ariedade lingüística itálica que falaba o pobo osco, formaba un subgrupo linguístico co umbro (oscoumbro).