oscoforias
oscoforias
(< gr ὀσχόφορια)
s
m pl
[HIST/RELIX]
Festas orxiásticas celebradas en Atenas no transcurso do mes de Pyanepsion (outubro-novembro) en honor de Dióniso. Foron instituídas por Teseo despois do seu regreso a Creta. Comezaban cunha procesión desde o templo de Dióniso ao de Atenea Esquiras. Ademais das ofrendas para o deus, celebrábanse loitas, xogos, carreiras e un banquete final.