Oseiro, San Tirso de

Oseiro, San Tirso de

Igrexa parroquial situada en Arteixo. Realizada no s XII, ten unha soa nave rematada en ábsida rectangular e un anexo barroco no lado dereito. A planta é rectangular coa cuberta a dúas augas. Na fachada destaca a portada coroada con arquivoltas e un rosetón adornado con molduras e arcos semicirculares. A cornixa presenta canzorros agás no anexo barroco.