Oshima, Nagisa

Oshima, Nagisa

Realizador cinematográfico xaponés. Reaccionou contra o humanismo de directores como Kurosawa ou Mizoguchi e reforzou a profunda crítica social do seu cine mediante as formas de expresión da linguaxe cinematográfica. Da súa filmografía destacan Siiku (A domesticación, 1961), Shonen (O neno, 1969), Gishiki (A cerimonia, 1970), Ai no corrida (O imperio dos sentidos, 1976), Ai no borei (O imperio da paixón, 1978, premio ao mellor director en Cannes), Merry Christmas Mr. Lawrence (1983), Max, mon amour (1986) e Gohatto (Tabú, 1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kyoto