osmiato
osmiato
(< osmio + -ato ‘sal’)
s
m
[QUÍM]
Sal que deriva dos hipotéticos ácidos ósmicos e que se obtén pola acción de solucións fortemente alcalinas sobre o tetróxido de osmio [osmiato (+VIII)], ou pola fusión alcalina oxidante do osmio [osmiato (+VI)], que en solución acuosa orixinan os anións octaédricos [OsO4(OH)2]2- e [OsO2(OH)4]2-, respectivamente.