ostpolitik*

ostpolitik*
s f [POLÍT]

Termo que designa especificamente as relacións xermano-rusas e, posteriormente, as relacións de Alemaña Occidental co bloque dos países socialistas. Foi utilizado para denominar a política do Otto von Bismarck que culminou co Pacto Xermano-ruso (1887), a de A. Hitler que concluíu co Pacto Xermano-soviético (1939), e a política iniciada en 1970 polo chanceler da República Federal da Alemaña, Willy Brandt, cara aos países socialistas europeos para normalizar as relacións.

Palabras veciñas

ostium* | ostomátido -da | ostomía | ostpolitik* | ostra | ostráceo -a | ostracismo