Ostrava
Ostrava
Capital de Moravia Setentrional, República Checa, situada á dereita do Oder (327.553 h [1991]). Formada pola unión de Moravská Ostrava e Slezská Ostrava, no SL únense coa cidade satélite de Havířov. É o centro da rexión carbonífera máis importante do país.