Ostrea

Ostrea
[ANIMAL]

Xénero de moluscos lamelibranquios, da familia dos ostreidos, que presentan as cunchas grosas, asimétricas, irregulares, co umbo desprazado cara a adiante. A valva superior é plana e a inferior está adherida ao substrato, e sobre todo aparece en fondos de lama, area e rochas. En Galicia aparece a especie O. edulis, de grande importancia económica debido a que é un produto cunha demanda que vai en aumento.

Palabras veciñas

óstrakon* | ostrama | Ostrava | Ostrea | ostrei- | ostreícola | ostreicultor -ra