ostreicultura

ostreicultura

(< ostrei- + -cultura)

s f [BIOL]

Arte do cultivo e a cría de ostras, especialmente a grande escala. Os ovos fecundados que se desenvolveron nas galadas da ostra saen ao exterior como larvas trocóforas planctónicas e mantéñense en recipientes, onde se desenvolven. Despois fíxanse nun substrato idóneo ata que acadan de 2 a 3 cm, que é cando se trasladan aos parques de cultivo e se fixan ás cordas con cemento ou postas dentro da auga en bolsas de rede penduradas de armazóns, ata que acadan o desenvolvemento total.

Palabras veciñas

ostrei- | ostreícola | ostreicultor -ra | ostreicultura | ostreido -da | ostreiforme | ostreira