ostreido -da
ostreido -da
(< lat científico Ostrea)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ostreidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco da familia dos ostreidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de moluscos, da subclase dos lamelibranquios, que son xeralmente monomiarios ou moi anisomiarios, hermafroditas e sen sifóns, pé nin glándula do biso. As dúas valvas son diferentes e a charneira non ten dentes. En Galicia está representada polo xénero Ostrea.