Otero, Blas de
Otero, Blas de
Poeta. De formación xesuítica, e partindo dun certo misticismo, decantouse axiña por unha poesía comprometida, cun enorme interese por incidir criticamente na actualidade, se ben o conxunto da súa obra é unha síntese de diferentes tradicións poéticas. Destacan as súas obras poéticas Cántico espiritual (1942), Ángel fieramente humano (1951), Redoble de conciencia (1951), Pido la paz y la palabra (1955), un dos máis destacados do panorama poético español; Ancia (1958), En castellano (1959) e Que trata de España (1964), ademais das prosas poéticas Historias verdaderas y fingidas (1970) e Verso y prosa (1974). En 1977 saíu do prelo a súa recompilación poética Poesía con nombres. Recibiu o Premio de la Crítica (1959).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bilbao -
Deceso
Lugar : Madrid