Otero, Lisandro

Otero, Lisandro

Escritor. Foi xefe de redacción do periódico Revolución (1960-1961), director da revista Cuba (1963-1968) e vicepresidente do Consejo Nacional de Cultura de Cuba. Da súa obra, traducida a diversas linguas e moi comprometida coa realidade do seu país, cómpre salientar Tabaco para un Jueves Santo (1955), La situación (1963, Premio Casa de las Américas), Pasión de Urbino (1967), premiada no concurso Biblioteca Breve da editorial Seix Barral; Temporada de ángeles (1987), El desfile (1993) e o libro de memorias Llueve sobre mojado (1999). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Cuba en 2002.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Habana