Otero García, Juan
Escultor e pintor. Coñecido como Eiravella, cultivou unha nova figuración primitivista, pero levando as obras ata a contemporaneidade. Deste xeito, postulou o encontro entre o moderno e o autóctono a partir da esencia formal das esculturas totémicas castrexas, a abstracción dos volumes do arcaísmo ibérico e a frontalidade e a técnica de orixe medieval. Traballou principalmente empregando a talla directa sobre materiais diversos como a madeira, a pedra, o bronce, o óso de balea e o marfil. A súa obra caracterizouse polo emprego das liñas curvas, a ausencia de canons tradicionais e a predilección pola masa. Da súa extensa produción artística destacan unha serie de esculturas sobre o Camiño de Santiago, as esculturas Xogo de nenos (1987), Perdón, Nena de Velay (1970) e Peso da vida (1975-1980), e os óleos Esculpindo co arado, Predicación e Festa no camiño San Xoán de Portas (1994).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Portas