Otero-Yglesias, Jesús
Pintor, escultor e debuxante. A súa obra está influenciada polo paisaxismo, o barroco flamengo e holandés, e a xeometría do neoplasticismo. Concibiu a paisaxe como metáfora e eido do irreal. Influído pola obra de artistas surrealistas como René Magritte, idealizou a natureza e introduciu nela elementos oníricos. Realizou, entre outros, o conxunto pictórico Vlaanderen (1994-1995), que destaca pola horizontalidade e a infinitude da paisaxe que o rodea; a serie Museum, marcada pola expresividade das cores e polo ritmo plástico, e a obra Flandes LI, Hombre de Flandes I (1994). Escribiu El artista como ascensorista (1991), Primeras nupcias del conocedor y lo conocido (1992) e In Loor Vlaanderen (1993). Recibiu o Premio Pilar Juncosa y Sotheby’s en 2003.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo