Oud, Jacobus Johannes Pieter

Oud, Jacobus Johannes Pieter

Arquitecto neerlandés. En 1917 formou parte do grupo De Stijl, pero encamiñouse cara a un precubismo, e estudou as relacións entre os baleiros e os cheos, que reflectiu nos proxectos do Café de Unie, en Rotterdam (1924, destruído en 1940) e das casas en serie no bulevar da praza Sheveringen (1917). En 1918 foi nomeado arquitecto municipal de Rotterdam, onde construíu as casas populares Hoek van Holland (1924-1927) e a Kiefhoek (1925-1927), e afastouse xa do funcionalismo ortodoxo. Foi autor tamén da casa de convalecencia infantil Bio, preto de Arnhem (1952-1960), e do proxecto para o edificio do goberno da provincia de Holanda Meridional, na Haia (1952).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Purmerend

  • Deceso