Oudh
Oudh
Antiga provincia do N de India británica. Formou parte sucesivamente, de diversos imperios e foi conquistada polos musulmáns (1194). Unida ao sultanato de Delhi e máis tarde ao Imperio Mongol, no s XVIII conseguiu a independencia case absoluta. En 1856 foi anexionada polo marqués de Dalhousie ás posesións da Compañía das Indias Orientais. En 1902 integrouse nas Provincias Unidas, e proclamada a independencia india, formou o estado de Uttar Pradēsh (1950).