ourego
ourego
(< lat origănu)
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, aromática, de 30 a 90 cm de altura, que presenta talos erectos e pilosos, follas ovadas ou elípticas, opostas e pecioladas de cor verde na súa face. As súas flores son pequenas, dunha cor violácea rosada e agrupadas en espigas. Florece entre xullo e setembro nas marxes dos bosques e matos húmidos. É orixinaria do N de África e en Galicia atópase fundamentalmente no litoral e no val do Sil. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades tónicas e dixestivas e as súas follas e puntas floridas empréganse como condimento.