oxiúro
oxiúro
(< lat científico Oxyuris,xénero de nematodos)
s
m
[ANIMAL]
Nematodo ascaroideo que parasita os tractos finais do tubo dixestivo do home e, sobre todo dos nenos. Cando as femias están preñadas baixan ata o recto e crávanse no esfínter anal; isto provoca un proído que fai que a persoa se rasque, co que os ovos se acumulan nas uñas e producen unha autoinfección. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].