oxiva

oxiva

(

  1. s f

    Figura formada por dous arcos de círculo cóncavos e simétricos que se unen formando un ángulo curvilíneo.

  2. [ARQUIT]
    1. s f

      Arco que ten a forma dunha oxiva, característico da arquitectura gótica.

    2. oxiva apuntada/aguda

      Oxiva en que os arcos son de raio maior ca a luz, é dicir, que teñen os centros na prolongación da liña de arrancada.

    3. oxiva de cuarto punto

      Oxiva en que os centros das porcións de circunferencias que a forman se atopan nos extremos dos cuartos interiores, ao dividir a súa luz en catro partes iguais.

    4. oxiva de terzo punto

      Oxiva en que os centros das porcións da circunferencia que a forman se atopan nos extremos dos tres quintos centrais, ao dividir a súa luz en cinco partes iguais.

    5. oxiva de todo punto

      Oxiva en que os centros das porcións da circunferencia que a forman se atopan na liña de arrancada.

    6. oxiva equilátera

      Oxiva en que os raios dos seus arcos son iguais á súa luz.

    7. oxiva rebaixada

      Oxiva formada por dous arcos que teñen o raio menor ca a luz, cos seus centros situados dentro do baleiro, na liña de arrancada.

    1. s f [TECNOL]

      Forma xeométrica de control que ten o contorno formado por dous arcos que se unen no seu extremo. É a forma que adopta xeralmente a parte frontal dalgunhas aeronaves, proxectís e foguetes, para reducir a resistencia aerodinámica do móbil e evitar o seu quecemento excesivo.

    2. s f [AERON]

      Proa dalgunhas aeronaves, de forma oxival.

    3. s f [BÉL]

      Parte dianteira dun proxectil.

    4. s f [COSMON]

      Parte frontal dun foguete de sondaxe ou de exploración espacial que contén, eventualmente, a carga útil (como unha cápsula, un satélite artificial, ou unha sonda interplanetaria) e que a protexe durante o seu desprazamento pola atmosfera.

    5. s f [MAT]

      Gráfico dunha distribución de probabilidade loxística, que corresponde a fenómenos que crecen proporcionalmente ao valor que se obtén pero cun límite finito non alcanzable.

    6. oxiva nuclear [BÉL]

      cabeza nuclear.

Palabras veciñas

oxiúrido -da | oxiúro | oxiurose | oxiva | oxival | oxixenábel | oxixenable