Ozark Mountains
Ozark Mountains
Rexión montañosa do centro de EE UU, que se estende desde Saint Louis (Missouri) ata o río Arkansas. Xunto co macizo de Wichita, representa a única grande extensión de topografía accidentada entre os Apalaches e as Montañas Rochosas. Ten recursos minerais como bauxita, carbón, chumbo ou zinc.