Paasikivi, Juho Kusti

Paasikivi, Juho Kusti

Político finés. Presidente do Partido Conservador, opúxose á rusificación intentada polo goberno tsarista no seu país. Foi o primeiro ministro da nova Finlandia independente e posteriormente embaixador en Estocolmo (1936-1939). Foi primeiro ministro (1944-1946), despois de firmar o armisticio que puxo fin á Segunda Guerra Soviético-finlandesa (1944), e sucedeu a Carl G. Mannerheim na presidencia da República (1946-1956).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tampere

  • Deceso

    Lugar : Helsinqui