Pabel, Hilmar
Pabel, Hilmar
Fotógrafo alemán. Formado na escola AGFA de Berlín, está considerado un dos principais representantes do fotoxornalismo. Foi reporteiro durante a Segunda Guerra Mundial para o Neue Illustriertre Zeitung e, despois do conflito e por encargo da Cruz Vermella de Baviera, fixo máis de 2.000 retratos de nenos para conseguir a reunificación familiar. Traballou en Taiwán, Xapón, Indonesia e China para a revista Quick. Tamén foi fotógrafo da revista Stern (1961-1970) e, posteriormente, reporteiro gráfico independente, e acadou sona coas series sobre Tareixa de Calcuta e a Guerra de Vietnam.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rawitsch, Silesia -
Deceso
Lugar : Xanten