Pacheco, Xosé

Pacheco, Xosé

Músico e mestre de capela. De nome Xosé Basanta Fernández Pacheco, en 1795 ingresou no coro de nenos da catedral mindoniense e foi instruído na formación musical. Con vinte anos substituíu ao mestre Santavalla na dirección da capela a asumiu todas as competencias do cargo. En 1805 o cabido enviouno a Santiago de Compostela para ampliar a súa formación co mestre Melchor López, de quen recolleu o gusto polos vilancicos galegos. Compuxo música relixiosa, entre a que destacan varios salmos, dous Stabat Mater e dous Te Deum; música culta, con diversos motetes; e, sobre todo, vilancicos de Nadal, dos que 29, dun total de 150, están escritos en galego.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mondoñedo

  • Deceso