pagar

pagar

(< lat pacāre)

  1. Antiga cidade de Magnesia (Tessalia, Grecia) situada no golfo homónimo (actual golfo de Bolos). Lugar de partida da mítica expedición dos argonautas, formou parte do territorio de Feres ata que Filipo II de Macedonia se apoderou dela.

  2. v t

    Entregar unha cantidade de diñeiro determinada ou algunha outra cousa a cambio dun traballo, un servizo recibido ou algunha outra cousa.

    Ex: Pagou a cea de todos. Pagou 120 euros por uns zapatos. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Pagou e marchou. Os xubilados non pagan no autobús. Páganlle por non traballar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Traballo feito, traballo pagado. Ao comer as morcillas, rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar. Paga o que debes é saberás do mal que padeces. O que debía e pagou tiña dor e sandou. O que paga criados e non os vai ver, que venda o que ten para podelos manter”.

    Antónimos: cobrar.
  3. v t

    Corresponder a un sentimento, unha actitude, un feito ou calquera outro beneficio que se recibe dunha persoa.

    Ex: Todas as atencións que tiveron con el pagoullas con desprezo. Mirou moito por el, pero tamén llo pagou buscándolle un traballo. OBS: Nesta acepción omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Así é como lle pagas a teu pai? Na tradición oral recóllense ditos como: “Con amor págase amor. Unha obra págase con outra. Moitas veces págase unha obra boa con outra mala”.

    Confrontacións: agradecer, premiar, recompensar.
  4. v t
    1. Sufrir a pena ou o castigo imposto por algún erro, falta ou delito.

      Ex: Pagará o seu crime con dez anos de cárcere. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Pagará polo que fixo coa expulsión do centro.

    2. Sufrir as consecuencias de algo.

      Ex: O seu corpo pagou os esforzos de cando era novo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non é xusto que pagues ti por todos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ninguén as faga, que tarde ou cedo se pagan. Quen o fai que o pague. Non hai quen faga mal, que despois non o veña pagar”.

  5. v t

    Cubrir os gastos de algo que se ofrece a alguén.

    Ex: Vaite á viaxe que cha pago eu.

    Sinónimos: custear, sufragar.
  6. v pron

    Ter en moi alta consideración o mérito propio, os eloxios recibidos ou calquera outra cousa facendo ostentación deles.

    Ex: Non fai máis que pagarse dos coches que ten.

Frases feitas

  • Deus cho pague. Expresión de agradecemento.

  • Pagala(s). Expresión coa que se manifesta a alguén o desexo de vinganza. Ex: Vas pagalas todas xuntas.

  • Pagar a escote. Dividir o custo dunha cousa a partes iguais entre varias persoas.

  • Pagar a pena. Compensar algo o esforzo e o traballo que require.

  • Pagar a visita. Corresponder co mesmo.

  • Pagar na man/sen delonga/ao/ó/ de contado. Pagar algo no momento.

  • Pagar na/coa mesma moeda. Responder a algo co mesmo.

  • Pagar por si. Recibir castigo polas propias culpas. Ex Cada un paga por si.

  • Pagar caro (algo). Conseguir algo con moito traballo e sufrimento.

  • Pagar feito e por facer. Recibir as culpas do que se fai e tamén do que non fan outros.

  • Pagar xustos por pecadores/Pagar polos demais. Cargar coas culpas de algo unha persoa inocente.

Refráns

  • A quen lle non debo non lle temo.
  • A quen non debo non lle teño medo.
  • Ó arrendar, cantar; e ao pagar, chorar.
  • Ó come-los touciños cantan pais e fillos; e, ao pagar, todos rompen a chorar.
  • Ó comer as "morcillas", rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar.
  • O comer, comamos; e, ao pagar, a ti suspiramos.
  • O matar o porco, praceres e xogos; ao comer as morcillas, trouladas e risas e, ao pagar o porco, pesares e choros.
  • O que debe e paga viste camisa lavada.
  • O que debía e pagou tiña dor e sanou.
  • O que paga o que debe, todo o que lle queda é seu.
  • Paga o que debes e saberás do mal que padeces.
  • Paga o que debes e saberás o que che queda.
  • Paga o que debes e saberás o que tes.
  • Paga o que debes e sanarás do teu mal.
  • Paga o que debes e serás señor do que tes.
  • Quen debe e paga boa festa fai.
Conxugar
VERBO pagar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pago
pagas
paga
pagamos
pagades
pagan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagaba
pagabas
pagaba
pagabamos
pagabades
pagaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
paguei
pagaches
pagou
pagamos
pagastes
pagaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagara
pagaras
pagara
pagaramos
pagarades
pagaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagarei
pagarás
pagará
pagaremos
pagaredes
pagarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagaría
pagarías
pagaría
pagariamos
pagariades
pagarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pague
pagues
pague
paguemos
paguedes
paguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagase
pagases
pagase
pagasemos
pagasedes
pagasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagar
pagares
pagar
pagarmos
pagardes
pagaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
paga
-
-
pagade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagar
pagares
pagar
pagarmos
pagardes
pagaren
Xerundio pagando
Participio pagado/pago
pagada/paga
pagados/pagos
pagadas/pagas