pai
(
-
-
s
m
Home que tivo un ou máis fillos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A pai aforrador, fillo gastador. A pai avarento, fillo farrento. De pai santo, fillo diaño. Un pai mantén vinte fillos, e vinte fillos non manteñen un pai. Un pai para cen fillos e non cen fillos para un pai. O mal do pai co fillo vai. De pai coxo, fillo trenco. Fillo es e pai serás; como o fixeres, así o terás”.
-
s
m
Home que exerce ou actúa como un pai natural sen selo.
-
s
m pl
Conxunto formado polo pai e a nai.
-
pai de familia
Home que encabeza unha familia ou unha casa.
-
pais políticos
Pais do cónxuxe respecto a unha persoa.
-
s
m
-
s
m
Macho dos seres sexuados proxenitor dun ser da súa mesma especie.
-
-
s
m
Home creador ou fundador dunha obra, actividade, ciencia ou arte.
-
s
m
Fundador dunha estirpe ou dun pobo, sobre todo atribuído aos patriarcas e aos que deron nome a cidades.
-
pai da patria
[HIST]
Título dado ao Emperador Augusto polo pobo e polo Senado e adoptado xeralmente polos seus sucesores.
-
s
m
-
s
m
[RELIX]
Deus, en tanto que proxenitor e creador. No cristianismo é primeira persoa da Trindade, denominado tamén Deus Pai e Pai Eterno. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
pai de todos
Dedo meirande da man.
Refráns
- De pai a pai pouco vai.
- Ergueuse meu paí e deitouse miña naL
- Non hai fillo coma seu pai nin pai coma seu avó.
- ¿Que diaño fixeches e de onde saíches que á túa nai non viches e pai non tiveches?