país

país

(< fr pays)

    1. s m

      Territorio en que se asenta un estado independente e que constitúe unha unidade xeográfica e política concreta.

    2. s m

      Grupo de persoas que forman unha unidade política.

    3. país menos desenvolvido [ECON]

      País subdesenvolvido, segundo a ONU, de acordo con índices diversos como pobreza, fame, educación ou debilidades estruturais, que ten unha desvantaxe relativa para desenvolverse.

    4. país recentemente industrializado [ECON]

      País en vías de desenvolvemento que se atopa no limiar da industrialización e mostra un gran dinamismo exportador de produtos manufacturados que fan a competencia aos dos países industriais. O seu desenvolvemento baséase nunha estratexia de fomento do investimento estranxeiro, nun axuste estrutural e na promoción das exportacións.

  1. s m
    1. Zona xeográfica máis ou menos delimitada e considerada sobre todo no seu aspecto físico. OBS: Emprégase frecuentemente a locución do país (queixo do país, viño do país).

    2. Viño da terra.

      Ex: Entrou no bar e pediu un país.

  2. s m

    Lugar imaxinario.

    Ex: Vive no país das ilusións.

Palabras veciñas

Paira | pairar | pairo | país | País de Gales | País do Loire | País Gallego, El