país
(< fr pays)
-
-
s
m
Territorio en que se asenta un estado independente e que constitúe unha unidade xeográfica e política concreta.
-
s
m
Grupo de persoas que forman unha unidade política.
-
país menos desenvolvido
[ECON]
País subdesenvolvido, segundo a ONU, de acordo con índices diversos como pobreza, fame, educación ou debilidades estruturais, que ten unha desvantaxe relativa para desenvolverse.
-
país recentemente industrializado
[ECON]
País en vías de desenvolvemento que se atopa no limiar da industrialización e mostra un gran dinamismo exportador de produtos manufacturados que fan a competencia aos dos países industriais. O seu desenvolvemento baséase nunha estratexia de fomento do investimento estranxeiro, nun axuste estrutural e na promoción das exportacións.
-
s
m
-
s
m
-
Zona xeográfica máis ou menos delimitada e considerada sobre todo no seu aspecto físico. OBS: Emprégase frecuentemente a locución do país (queixo do país, viño do país).
-
Viño da terra.
Ex: Entrou no bar e pediu un país.
-
-
s
m
Lugar imaxinario.
Ex: Vive no país das ilusións.