Pais, Álvaro

Pais, Álvaro

Relixioso franciscano. Bispo de Silves (Portugal) e conselleiro dos papas aviñonenses, defendeu a pobreza orixinal dos franciscanos e a soberanía papal sobre os emperadores. Dos seus escritos destacan De Statu et Planctu Ecclesiae (editado en 1474), que constituíu unha enciclopedia xurídica e moral, e Speculum Regum.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : O Salnés

  • Deceso

    Lugar : Sevilla