Paisley, Ian Richard Kyle
Paisley, Ian Richard Kyle
Político e eclesiástico irlandés. Pastor baptista (1946), fundou a Free Presbyterian Church of Ulster (1951) e foi elixido líder do Democratic Unionist Party (1971). En 1970 foi nomeado deputado do Parliament británico e, desde 1979, membro do Parlamento Europeo. É unha das figuras máis radicalmente probritánicas da comunidade protestante de Irlanda do Norte, posición que mantivo durante o proceso de paz iniciado en 1994.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Armagh