Palafrugell
Palafrugell
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (18.332 h [2001]). O seu territorio está en parte cuberto de bosque. Destacan algúns cultivos de secaño como cereais e forraxe, que se complementan coa gandaría, aínda que as actividades industriais e o turismo son a base da súa economía. O principal sector industrial é o da construción, que se ve favorecida polo turismo, que supuxo a aparición dun importante sector servizos. O equipamento turístico concéntrase na costa.