paleocorrente

paleocorrente

(< paleo- + corrente)

s f [ESTRATIG]

Corrente antiga que existiu nun momento determinado da historia xeolóxica, de cuxa dirección e sentido se pode deducir e medir mediante o estudo das texturas e as estruturas das rochas sedimentarias. Estas correntes poden ser aéreas (paleoventos) ou acuáticas (fluviais, mariñas e turbidíticas), correntes de lavas ou de piroclastos, de desprendementos subaéreos ou submarinos, de lama e pedregullo, do paso dos glaciares e das morenas glaciares asociadas. O seu estudo constitúe un dos elementos esenciais para o estudo das antigas concas sedimentarias e dos elementos que se poden atopar nelas como fosfatos, carbón, sales, hidrocarburos e metais sedimentarios.