Paracelso

Paracelso

Médico e alquimista suízo. Nome co que é coñecido Philippus Aureolus Theophrastus Bombastus von Hohenheim. Formouse en diversas universidades, como Viena e Ferrara, e exerceu a medicina dunha maneira case sempre ambulante. Nas obras Paramirum e Paragranum expuxo os fundamentos dunha nova cosmoloxía: tanto o macrocosmos (universo) coma o microcosmos (o home) están formados por sulphur, mercurius e sal. As causas das doenzas son cinco: ens astrorum (acción dos astros), ens veneni (acción tóxica dos alimentos), ens naturale (herdanza e constitución), ens spirituale (factores anímicos) e ens deale (vontade divina). O seu dominio da química empírica permitiulle propor moitos remedios novos, especialmente a base de minerais.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Einsiedeln

  • Deceso

    Lugar : Salzburgo