parathormona
parathormona
(
s
f
[FISIOL]
Hormona de estrutura polipeptídica que é segregada polas células principais das glándulas paratiroide. Intervén no metabolismo fosfocálcico regulando a calcemia entre 9,5 e 10,5 mg por 200 cm3. A hipocalcemia estimula a súa liberación na circulación, onde ten unha tripla acción hipercalcemiante: no ril, incrementa a eliminación de fosfatos e, ao diminuír a fosfatemia, aumenta a calcemia; nos ósos, estimula a actividade osteoclástica e favorece a desmineralización, e no tubo intestinal, aumenta a absorción de calcio. OBS: Tamén recibe o nome de hormona paratiroide e paratormona.