Pardo, pazo de

Pardo, pazo de

Construción situada en Vilalonga (Sanxenxo). Ten planta en forma de U e capela con dúas alturas. A capela é dunha soa nave, tellado a dúas augas e portada cun arco de medio punto e frontón cun ollo de boi. A fachada leste conta con tres balcóns de pedra con varanda de ferro forxado. Entre as ventás hai un escudo coas armas dos Figueroa e os Sequeiros. Destaca unha cheminea prismática de granito rematada por catro pináculos. Pertenceu ao casal e couto do Rebel, propiedade de Sueiro Gómez de Soutomaior, mariscal de Castela.