Pardofelis
Pardofelis
Xénero de mamíferos da familia dos félidos, que ten como único representante P. marmorata, un felino de entre 45-60 cm de lonxitude, cunha cola de ata 55 cm, de cor parda clara, con pencas escuras nas patas, e unhas liñas negras por abaixo e brancas por arriba, no lombo e nas orellas, mentres que a cara está atravesada por dúas raias negras que van desde o curuto aos ollos. Aliméntase de aves, réptiles, anfibios e roedores e é máis activo durante a noite que durante o día. É natural de Asia, e distribúese desde Nepal ata o S de China, onde habita nas selvas. É unha especie con estatus vulnerable debido á perda da selva tropical.