Pardo Babarro, Xosé
Pardo Babarro, Xosé
Médico e sindicalista. O seu achegamento ás ideas anarquistas produciuse na súa etapa de estudante de medicina nas universidades de Madrid e Santiago de Compostela, no tempo inmediato á Segunda República Española. Foi membro cofundador do Sindicato de Sanidad integrado na CNT compostelá (1931) e colaborador do voceiro da Confederación Regional Galaica Solidaridad Obrera e da publicación anarquista Brazo y Cerebro. Radicado profesionalmente en Ourense, no comezo da Guerra Civil Española foi incluído á forza no exército franquista.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense -
Deceso