Pardo de Lamas

Pardo de Lamas
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega con orixe en Aranza. Trae como armas en escudo cuartelado: primeira partición, en campo de goles, unha aguia bicéfala de sable, coroada de ouro; segunda partición, en campo de azul, tres flores de lis, de prata; terceira partición, en campo de ouro, tres árbores, de sinople; e cuarta partición, en campo de prata, tres lanzas, de sable, dúas postas en aspa e outra perpendicular.