Pardo Tavera, Juan

Pardo Tavera, Juan

Eclesiástico e político. Formouse na Universidad de Salamanca, da que foi nomeado reitor en 1504. Foi bispo de Ciudad Rodrigo (1514-1523) e de Osma (1522-1524), arcebispo de Santiago de Compostela (1524-1534) e de Toledo (1534-1545) e en 1531 elevárono ao cargo de cardeal. Foi presidente da Real Chancillería de Valladolid (1522), presidente do Consello de Castela (1524-1539), gobernador do Reino de Castela (1539-1541) e inquisidor xeral (1539). Exerceu un labor de mecenado artístico do que cómpre destacar o hospital de San Juan Bautista de Toledo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Toro

  • Deceso

    Lugar : Toledo